• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

As lecturas recomendadas do Xornal de Galicia

No artigo Praias de tinta e letras Víctor Paz Morandeira recolle algunhas das nosas recomendacións para este verán: Açougue, de Amadeu Baptista; [de]construçom, de Susana Sánchez Arins; A mecánica da maxia. Ficción e ideoloxía en Álvaro Cunqueiro, de Manuel Forcadela; Historia contemporánea da destrución da natureza en Galiza, de Xurxo Pérez Pintos. Entre as de Francisco Fernández Naval está o Read more

O anxo delincuente

Amadeu Baptista Antecedentes criminais. Antologia Pessoal 1982-2007. Edições Quasi: Vilanova de Famalicão, 2007. Titulo esta breve presentación da obra de Amadeu Baptista tal como fixen a primeira vez que escribín sobre ela. Pasaron oito anos e viñeron máis dez novas obras, e a perspectiva que defendín na altura como específica da súa poética debe manterse; porque na súa obra o Read more

Novo número de Protexta, suplemento da TN

O número de agosto da Protexta, o terceiro deste suplemento da revista Tempos Novos, demorouse un bocadiño este verán e no interim abandonou a coordinación Xavier Cid. Mudanzas a causa das tentativas non atoparen consolidación nas primeiras fórmulas dos proxectos, probabelmente porque moitos deles implican a moita xente con compromisos ás veces vagos. Non é de estrañar que isto aconteza Read more

Novas edicións dixitais

No noso país xa non é novidade a aparición de obras enteiras na rede. Podemos lembrar a aparición de editoras exclusivamente dedicadas ao formato dixital como Edicións da Rotonda (Carlos G. Meixide) ou proxectos que se apoiaron na rede para maior difusión de obras inicialmente publicadas en papel, como Os cadernos de Azertyuiop (François Davó, Tati Mancebo, Xavier Marotte, Roger Read more

A revista Saudade

Da man do amigo António José Queirós, o seu director, chégame o número 7 (2005) da revista portuguesa Saudade, proxecto patentemente universalista entregado á poesía. Nacida en Amarante, ten ofrecido asento a autores de moi variada xeografía: portugueses, galegos, brasileiros, franceses, hondureños, colombianos, arxentinos, españois, polacos, haitianos, cabo verdianos, suízos, romenos. Entre os galegos figuran Xosé Lois García, José António Read more

Últimos libros no noso buzón

Moitos foron os libros que nos chegaron nas últimas semanas; tantos que, apesar do seu interese intrínseco, non puidemos referencialos como se merecen. Tentaremos dar hoxe noticia dalgúns deles. Antecedentes criminais, de Amadeu Baptista (Edições Quasi). Baptista ofrece neste libro unha antoloxía persoal sobre vinte e cinco anos de creación poética. Ademais de contar co recoñecemento que corresponde a un Read more