Presentación de ‘Versos fatídicos’ en Milpedras
GSG. Presentación do libro Versos fatídicos. Alfredo Ferreiro from MrEIDANPELIS on Vimeo.
GSG. Presentación do libro Versos fatídicos. Alfredo Ferreiro from MrEIDANPELIS on Vimeo.
«Tras Metal central (2009) retorna Alfredo Ferreiro ao primeiro plano da actualidade cos seus Versos fatídicos (1994-2010): unha intensa colectánea que agrupa composicións inéditas e outras que agora se versionan e modifican, dispostas logo dun intelixente limiar subscrito por François Davo e que contan cun monllo de ilustracións da man de Alberto Esperante. Este volume susténtase na aplicación dunha perspectiva Read more
Miguel Sande: […] Alfredo Ferreiro sorprendeu co seu poemario anterior, Metal central, orixinal e atrevido. Agora recompila en Versos fatídicos (Edicións Positivas) parte da súa produción poética dende o 94 ata o 2010 cunha temática, por tanto, moi plural. É un autor a seguir tamén con interese como todos aqueles dos que sempre podes esperar algo novo, por distinto […] Read more
Dolores Vilavedra: «[…] Pola súa banda Alfredo Ferreiro recolle en Versos fatídicos a súa produción inédita e dispersa dende 1994. Libro miscélaneo, no que atopamos dende iso que podemos considerar poemas máis ou menos convencionais ata prosas poéticas ou pseudoaforismos, estes versos son o froito fatídico dunha certa insatisfacción creativa de quen está convencido de que “a vida é unha Read more
Venres 16 de decembro, 21:00 horas Milpedras, taller de litografía (Rúa: Brasil,3 baixo, 15009 A Coruña) «Trátase do novo libro de Alfredo Ferreiro. Nas súas propias palabras “Versos fatídicos é unha colectánea de poemas inéditos e outros agora caprichosamente versionados. Textos elaborados seguindo diversas técnicas e procesos ao longo de quince anos: surrealismo, ocasión, remedio, provocación, compromiso, amor…” A obra, Read more
«Este día chuviñento comeceino lendo nos Versos fatídicos de Alfredo Ferreiro. Ao poemario, o título acaélle perfectamente. O poemario esa procura, todo libro é procura, todo poemario é procura. Neste caso, a procura é unha necesidade, unha necesidade de verdades universais. Necesidade de verdades universais que fagan contrapeso desoutra e única verdade incesante: a morte. Dise a que a morte Read more
Felizmente, veu á luz o meu libro Versos fatídicos (1994-2010), nas Edicións Positivas do tan modesto canto perspicaz Paco Macías, a quen a cultura galega, e agora eu mesmo, tanto lle debemos. Non esquezamos que na súa altura foi o editor que prestou atención ao poeta máis moderno -post ou ultra, tanto fai- das letras actuais, recoñecido este ano no Read more
Hoxe teño a honra de que a Revista das Letras, o suplemento do Galicia Hoxe, se dedique integramente ao libro que proximamente me publicará Edicións Positivas. Constitúe un conxunto heteroxéneo de textos poéticos inéditos e novas versións de todos os que fun publicando de modo disperso desde 1994 a 2010. Son novas versións porque mudaron os modos gráficos, versos pasaron Read more
«Versos fatídicos reúne algún poemas inéditos e outros inicialmente escritos en normativa reintegrada e que viron a luz en edicións non venais e periódicas, desde mediados dos noventa a hoxe. O autor, para evitar a súa perda, a perda dun poema sempre é un crime, quixo xuntalos, vista a “condena” que sobre a normativa reintegrada pende, a de non considerala Read more