Frances Tati Abo e Xavier por Alfredo Ferreiro

«O ansiado retorno de Luís Vaz de Torres»

Grial revista de galega de cultura 210No último número da Grial – Revista Galega de Cultura – 2010 (cfr. índice em PDF) tive a honra de publicar um artigo (“O ansiado retorno de Luís Vaz de Torres”) sobre a minha descoberta pessoal em volta de mais um dos factos históricos que permanecem ocultos na História da Galiza a causa do manto obscurantista da historiografia espanhola, quando não da portuguesa. Trata-se do périplo de Luís Vaz de Torres, um marinho que possivelmente tenha descoberto a Austrália e que a cineasta dos antípodas Frances Calvert nos quer ressaltar com o projeto de fazer um documentário para assombrar o mundo. Como nós não podíamos deixar de atender a proposta, eis o relato do encontro em Ferrol em 2015:

«Para algúns de nós nada pode haber mais interesante que atopar un novo episodio da Historia do país que, como acontece en tantas ocasións, permanece esquecido ou insuficientemente atendido polo sempre excesivo centralismo da academia española, consecuencia da habitual política cultural do Estado. Hai ocasións, demasiadas creo eu, en que, ao cuestionarme o discurso oficial da historiografía española que transcende a escolas e institutos, teño pensado: “Castela naceu das premeditadas ruínas da Galiza”. É triste que para que un país naza sexa necesario arruinar o pasado de outro e até impedir que respire. E o feito por veces é tan evidente que, se ben o profesor Claudio Sánchez Albornoz cualificou España de “enigma histórico”, ben poderíamos dicir que a Galiza constitúe, polo seu aínda oculto pasado, o auténtico enigma de España. Read More

Share
Premios Xerais 2016 11 b 1000

Premios Xerais 2016: festeiros, demorados e currantes

Son varios os anos que levo emitindo, gravando e facendo entrevistas aos protagonistas dos Premios Xerais. Cada ano, sen falta, a profesionalidade e bo gosto (tanto estético canto culinario) do equipo de Edicións Xerais consegue que a visita anual a esta illa literaturizada por primeira vez hai 800 anos se converta nun episodio da vida que moitos gardaremos para sempre no cofre máis selecto da memoria. Se ben é certo que as auténticas protagonistas son as obras premiadas, e que o foco debe dirixirse ás autoras e autores que conseguiron chegar ao bon porto das sensibilidades dos variados e espelidos xurados, existen outros axentes que fan posible que a Illa das Letras estoure en tan gostoso abano de sensacións.

Editora Edicións Xerais de GaliciaDeseguida comprobaredes que non son fotógrafo. Mais como usuario habituado a certos trebellos, se algún deles acaba na miña man non podo evitar usalo e deseguida acabo imaxinando algún tipo de narración coa que pretendo ofrecer un sentido ao conxunto. Desta volta, á par dalgunhas das varias centenas de personalidades do sistema literario que acoden para ser testemuñas de honra na publicación e entrega dos premios, aquí poderedes ver outras persoas que normalmente non saen nos vídeos nin nas fotos oficiais porque o seu cometido é colaborar en labores de pouca ou ningunha dimensión pública. Entre elas poderedes ver: operarias de cámara, twitteiros, directoras do evento, polbeiras e polbeiros, capitáns de embarcación, gardas, secretarias de xurados, operarios das instalacións…

Un aviso para a Socioloxía literaria. Acabei descubrindo, como un pseudoDarwin asombrado na súa propia terra, que existe un tipo especial de convidados a este evento: os demorados. Son estes convidados que veredes ao final sentados nun valado ou contra unha parede cando o sol se pon e o último barco semella retardar o retorno ao continente, eses que sentan a parolar, a abrazarse ou a apañar profundamente o ar da ría nos últimos instantes como querendo multiplicar os segundos, como desexando atopar a eternidade en cada inspiración, fixando para sempre no máis íntimo as mellores imaxes dunha tarde memorábel caracterizada pola fraternidade, o amor ao país, ás letras e á arte.

Coas luces da Ponte de Rande como pano de fondo, os convidados retornan poñendo rumbo ao porto de Cobres. Nós, os currantes, noutro sentido mais sen dúbida cordialmente na mesma dirección tomamos, xa de noite, rumbo a Cesantes.

This slideshow requires JavaScript.

Share

Na praia da Magdalena (Cabanas)

This slideshow requires JavaScript.

Desde a anterior visita, em companhia de Xavier Alcalá, Elena Baillie e Manel Cráneo para lembrarmos o espaço real em que se desenvolve o romance A nosa cinza com motivo da sua próxima versão em BD, esta praia passou a ser um lugar literário referencial para mim. Nesta ocasião voltamos a ela depois de ter em Pontedeume com o entranhável Manuel Molares, protagonista da trilogia Evangélica Memória do Alcalá, para apanharmos dados para uma reportagem da revista Grial.

Share