Grupo Surrealista Galego no Cárcere da Coruña

Dentro das Xornadas que organiza a Plataforma Proxecto Cárcere da Coruña, este venres será a presentación mundial do Grupo Surrealista Galego, un colectivo en que nos permitimos ser tan anacrónicos como vangardistas, na mellor ignorancia do demodé e co orgullo manifesto de quen se cre humilde como poucos, atrevido como menos e, en definitiva, falto completamente do sentido do ridículo que alguén que prentenda ridiculizarnos debería experimentar. Todo un evento asumíbel polos petos máis furados mais por moi poucos cerebros, salvo aqueles en que o corazón souber prover da luz da que a razón carece. Atrévanse e desfrutarán dunha experiencia que nunca poderán deixar de esquecer.

Share