• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

Premios Xerais 2017

Mais un ano viaxamos á Illa de San Simón coa ilusión de botar unha man na maior gala literaria do ano. Contaremos coa habitual pericia nas redes sociais de Ghanito e, pola primeira vez, coa profesionalidade de Aser Orbán comandando a cámara a edición de vídeo e de Tiago Alves Costa como cronista para a lusofonia (cfr. em breve na Palavra Comum).

Premios Xerais 2016: festeiros, demorados e currantes

Galería de imaxes dos Premios Xerais 2016 realizada por Alfredo Ferreiro: “…aquí poderedes ver outras persoas que normalmente non saen nos vídeos nin nas fotos oficiais porque o seu cometido é colaborar en labores con pouca ou ningunha dimensión pública. Entre elas poderedes ver: operarias de cámara, twitteiros, directoras do evento, polbeiras e polbeiros, capitáns de embarcación, gardas, secretarias de xurados, operarios das instalacións…”

Culturgal 2012

Onte visitamos o Culturgal 2012. A oportunidade veu dada pola participación de Tati Mancebo no Foro Culturgal no cadro dunha “xornada de difusión e formación FERRAMENTAS TIC E MULTIMEDIA NAS AULAS”, na que presentou en dúas sesións un bon lote de “ferramentas TIC e contidos multimedia pensados para as aulas”: 60 aplicacións en 60 minutos. O traballo ficou disponíbel no Read more

Premios Xerais 2012: as entrevistas

Máis un ano tivemos a honra de colaborar na emisión e gravación dos Premios Xerais, onde non faltaron nin a celebración fraterna da nosa literatura nin a reivindicación dun apoio institucional digno para a cultura do país, que con explícitas palabras para os políticos presentes se está a facer recorrente e que sempre resulta amplificado por entusiasmados aplausos. Así mesmo, Read more