• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

Premios Xerais 2016: festeiros, demorados e currantes

Galería de imaxes dos Premios Xerais 2016 realizada por Alfredo Ferreiro: “…aquí poderedes ver outras persoas que normalmente non saen nos vídeos nin nas fotos oficiais porque o seu cometido é colaborar en labores con pouca ou ningunha dimensión pública. Entre elas poderedes ver: operarias de cámara, twitteiros, directoras do evento, polbeiras e polbeiros, capitáns de embarcación, gardas, secretarias de xurados, operarios das instalacións…”

Share

Dolores Vilavedra comenta os ‘Versos fatídicos’

Dolores Vilavedra: «[…] Pola súa banda Alfredo Ferreiro recolle en Versos fatídicos a súa produción inédita e dispersa dende 1994. Libro miscélaneo, no que atopamos dende iso que podemos considerar poemas máis ou menos convencionais ata prosas poéticas ou pseudoaforismos, estes versos son o froito fatídico dunha certa insatisfacción creativa de quen está convencido de que “a vida é unha Read more

Share

Sobre os “enfoques teóricos da crítica literaria”

Recomendo que lean enteiro o suculento artigo de Óscar Iglesias sobre as perspectivas actuais de traballo da crítica literaria. Aquí presento uns trechos significativos: «[…] A Arturo Casas, que traballa no marco empírico-sistémico coas aportacións da hermenéutica, resúltalle sorprendente “escoitar escritores de prestixio sinalar que eles non pertencen ao sistema literario, como se iso fose como darse de alta nunha Read more

Share