«Na barriga do vento», conto publicado na revista Dorna

A finais do ano pasado viu a luz o número 36 da revista Dorna. Expresión poética galega. Como é habitual nesta publicación da Universidade de Santiago de Compostela, o número permite tomarmos a temperatura á talento do momento, tanto do país como fóra del. Nesta ocasión tiven a oportunidade de publicar o relato que ofrezo a seguir.

I

dorna36Cándido Castro é un home que evoluciona favorabelmente. Tenta mellorar a súa vida cunha actitude positiva, é verdade, mais iso non é suficiente para triunfar. Para triunfar é preciso ser intelixente e posuír unha férrea vontade. A forza do león e a prudencia da serpente. E Cándido ten unha intelixencia… diríamos… inquietante.
Os tempos son arrevesados de máis para ter estabilidade laboral. E un acaba onde pode, onde non o desprezan demasiado ou onde ten un amigo duradeiro. Así é que, despois de vagar por moitos contornos laborais onde non acababa de sentir que callasen as súas mellores cualidades, acabou dedicándose ao mantemento industrial. E aquí o temos, no alto cume da súa última carreira, atrapado nas metálicas tripas dun xigante de ferro. Cándido está, si señores, remoendo as razóns da súa mala sorte, interpretando desesperado a cartografía da súa vida para atopar unha saída pronta da treboada. Tentando máis unha vez non ser dixerido por un duro destino.

Read More

Share