• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

“Tanto delírio ao lombo”

Agradeço a Vivir na Coruña que tenham lembrado nestes dias um dos poemas que escrevi quando retornei à cidade em que nasci, e que tão bons momentos me permitiu viver sob os mantos da sua penetrante luz e da sua latejante névoa. Nunca esquecerei as muitas noites de poesia, cerveja irlandesa, vinho do Porto, música folque e brasileira num quase ininterrompido Read more

Xesús González Gómez: “De agora en adiante, cando se fale de surrealismo na literatura galega falarase con propiedade”

Hoxe podemos dicir que o surrealismo xa existe na poesía galega mercé a dous poetas: Alfredo Ferreiro e Ramiro Torres, e a dous libros: Versos fatídicos e Esplendor arcano. Poetas surrealistas non só porque se reclamen do surrealismo, porque fagan poemas surrealistas, porque se ateñan ás esixencias do surrealismo, senón porque mediante unha dupla modalidade da consciencia –ver Signe ascendent, de André Breton– , poética e prosaica, son quen de disipar a ambigüidade que pesa a noción de surreal.

Versos escollidos, de Wisława Szymborska

“Wisława Szymborska, nos seus versos, partindo tanto dun mínimo incidente cotián como dun feito tráxico, capta os máis sutís conflitos da alma. O paso do tempo, a beleza, o amor, o odio, a dor, a morte, os soños, os pequenos detalles, a humanidade… aparecen mediante unha escritura enxeñosa, intimista e sinxela en aparencia.  No seu discurso de recepción do Nobel Read more

‘Suscitar o entusiasmo con distintos alentos ‘, por Román Raña

«O volume que agora comentamos, Versos fatídicos (1994–2010), reúne a produción poética de Alfredo Ferreiro (A Coruña, 1969). Latexan nos seus poemas distintos alentos. Por exemplo, un claro fervor protestatorio, especialmente na sección “Textos bélicos”; ou un aparente discurso reflexivo sobre o acto creativo que acaba sendo, á súa vez, creación:“escribir un poema debe ser un diluvio que agoniza”.Tamén existe Read more

‘Versos fatídicos (1994-2010), de Alfredo Ferreiro’, por Ramón Nicolás

«Tras Metal central (2009) retorna Alfredo Ferreiro ao primeiro plano da actualidade cos seus Versos fatídicos (1994-2010): unha intensa colectánea que agrupa composicións inéditas e outras que agora se versionan e modifican, dispostas logo dun intelixente limiar subscrito por François Davo e que contan cun monllo de ilustracións da man de Alberto Esperante. Este volume susténtase na aplicación dunha perspectiva Read more

Miguel Sande opina sobre os ‘Versos fatídicos’

Miguel Sande: […] Alfredo Ferreiro sorprendeu co seu poemario anterior, Metal central, orixinal e atrevido. Agora recompila en Versos fatídicos (Edicións Positivas) parte da súa produción poética dende o 94 ata o 2010 cunha temática, por tanto, moi plural. É un autor a seguir tamén con interese como todos aqueles dos que sempre podes esperar algo novo, por distinto […] Read more