Mais un ano tivemos que agradecer a confianza de Edicións Xerais no noso traballo de emisión e crónica visual do ditame, entrega dos Premios e posterior romaría na Illa de San Simón, no bandullo da Ría de Vigo. Este foi o resumo de outro día memorábel para a literatura galega e, por extensión, para a nosa cultura no seu conxunto. Para visualizar o vídeo da entrega de premios e as outras 15 entrevistas que realizamos a pé de illa pódese visitar Xerais TV.
Dúas recomendacións obrigadas: a) a páxina do operador de cámara e editor de vídeo nesta ocasión, Aser Orbán; b) a audición da canción de D-Laxe “As túas mans”, recuperada do para nós tan emocionante disco A Coruña Son 08 (froito daquel obradoiro de canción popular que tivemos a honra de deseñar e producir en tres ocasións) que paso a subir de novo á web (con licenza CC:BY-NC-SA):
Hoxe viaxamos á Illa de San Simón coa ilusión de botar unha man na maior gala literaria do ano. Contaremos coa habitual pericia nas redes sociais de Ghanito e, pola primeira vez, coa profesionalidade de Aser Orbán comandando a cámara a edición de vídeo e de Tiago Alves Costa como cronista para a lusofonía (cfr. em breve na Palavra Comum). Esperamos algún vento e algunha nube, a emoción de sempre nos premiados, xurados, convidados e organización e a sensación embriagadora de vivir nun país en que a alegría en volta da creación literaria é un dos mais prezados sentimentos nacionais. Parabéns adiantados a Edicións Xerais, cuxa experiencia e sensibilidade só poderá ofrecernos máis un éxito para as nosas letras e para o futuro común.
Son varios os anos que levo emitindo, gravando e facendo entrevistas aos protagonistas dos Premios Xerais. Cada ano, sen falta, a profesionalidade e bo gosto (tanto estético canto culinario) do equipo de Edicións Xerais consegue que a visita anual a esta illa literaturizada por primeira vez hai 800 anos se converta nun episodio da vida que moitos gardaremos para sempre no cofre máis selecto da memoria. Se ben é certo que as auténticas protagonistas son as obras premiadas, e que o foco debe dirixirse ás autoras e autores que conseguiron chegar ao bon porto das sensibilidades dos variados e espelidos xurados, existen outros axentes que fan posible que a Illa das Letras estoure en tan gostoso abano de sensacións.
Deseguida comprobaredes que non son fotógrafo. Mais como usuario habituado a certos trebellos, se algún deles acaba na miña man non podo evitar usalo e deseguida acabo imaxinando algún tipo de narración coa que pretendo ofrecer un sentido ao conxunto. Desta volta, á par dalgunhas das varias centenas de personalidades do sistema literario que acoden para ser testemuñas de honra na publicación e entrega dos premios, aquí poderedes ver outras persoas que normalmente non saen nos vídeos nin nas fotos oficiais porque o seu cometido é colaborar en labores de pouca ou ningunha dimensión pública. Entre elas poderedes ver: operarias de cámara, twitteiros, directoras do evento, polbeiras e polbeiros, capitáns de embarcación, gardas, secretarias de xurados, operarios das instalacións…
Un aviso para a Socioloxía literaria. Acabei descubrindo, como un pseudoDarwin asombrado na súa propia terra, que existe un tipo especial de convidados a este evento: os demorados. Son estes convidados que veredes ao final sentados nun valado ou contra unha parede cando o sol se pon e o último barco semella retardar o retorno ao continente, eses que sentan a parolar, a abrazarse ou a apañar profundamente o ar da ría nos últimos instantes como querendo multiplicar os segundos, como desexando atopar a eternidade en cada inspiración, fixando para sempre no máis íntimo as mellores imaxes dunha tarde memorábel caracterizada pola fraternidade, o amor ao país, ás letras e á arte.
Coas luces da Ponte de Rande como pano de fondo, os convidados retornan poñendo rumbo ao porto de Cobres. Nós, os currantes, noutro sentido mais sen dúbida cordialmente na mesma dirección tomamos, xa de noite, rumbo a Cesantes.
«O sábado, 12 de xuño, a partir das 19:00 horas, Blogaliza.tv transmitirá en directo a cerimonia de entrega dos Premios Xerais 2010 que dende hai seis anos se celebran na illa de San Simón. […] Blogaliza.tv repite a experiencia desta retransmisión, facilitada nesta edición pola mellora das condicións técnicas das instalacións do Auditorio da illa de San Simón. Para a retransmisión, como informa Pedro Silva, responsable de Blogaliza, «utilizaránse estándares abertos e software libre, a cadea de distribución de audiovisual baseada en Theora, dende a cámara ata o navegador. As melloras dos sistemas de reprodución de video en tempo real fan máis facil o emprego da etiqueta <video> como receptor universal de imaxes en streaming. E a calidade tamén vai mellorando.»
Utilizamos cookies para melhorar a sua experiência no nosso website. Ao navegar neste website está a concordar com a nossa política de cookies.ContinuarSaber mais
Privacidade & Política de Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
Utilizamos cookies para assegurar que lhe fornecemos a melhor experiência na nossa página web. Se continuar a utilizar esta página pressupomos que está feliz por a utilizar.Ok