Clube de Leitura de Carral
Clube de Leitura de Carral: En 2018 recomezamos as reflexións arredor da literatura coas amigas, algunhas novas e outras antigas, na biblioteca do Concello de Carral. Se establecer novas relacións coa Vila dos Mártires foi um pracer para min ao lembrar o ámbito principal de vivencias da miña crianza, facelo mediante actividades vencelladas á literatura constitúe xa un auténtico privilexio.