Mais um ano tivemos a honra de acudir a registar um dos maiores eventos do nosso sistema literário. Aqui deixamos os vídeos mais representativos, entre quase uma vintena deles sobre a entrega dos prémios e as entrevistas realizadas a premiadas e convidados.
Boletim do Centro de Recursos sobre Literatura para a Infância e a Juventude

Corazón de pedra, de Agustín Fernández Paz
En Corazón de pedra Agustín Fernández Paz ofrécenos, ademais dunha obra entretida e sensible, unha sorte de reflexión sobre a literatura fantástica. Porque nesta obra, se ben aparece a figura dun dragón, non é dun modo abrupto e declaradamente fantástico, senón mediante a inserción de argumentos lendarios nun cadro perfectamente verosímil: unha viaxe ao rural pon en contacto a protagonista coas lendas e a contorna natural do lugar, que as absorve e as vive dun modo que só na infancia sabemos, intuitivamente, desfrutar.
Oxford Univesity Press: «Unha apaixonante aventura que nos lembrará o poder que ten a fantasía para cambiar as nosas vidas. Todos os nenos teñen un animal preferido e os de Brenda son os dragóns. Despois de ler moitos libros sobre o tema, Brenda sabe perfectamente como eran os dragóns e non consegue entender por que desapareceron. Cando chegan as vacacións do verán, a protagonista e mais os seus pais viaxan a unha casa rural nun bosque. Alí nace unha antiga historia sobre un dragón…»
Premios Xerais 2012: o evento
Premios Xerais 2012: as entrevistas
Máis un ano tivemos a honra de colaborar na emisión e gravación dos Premios Xerais, onde non faltaron nin a celebración fraterna da nosa literatura nin a reivindicación dun apoio institucional digno para a cultura do país, que con explícitas palabras para os políticos presentes se está a facer recorrente e que sempre resulta amplificado por entusiasmados aplausos. Así mesmo, como noutras convocatorias improvisamos una serie de breves entrevistas a premiados, xurados, organizadores e asistentes, as cales ofrecemos aquí aglutinadas. |