

Haiku sobre a violência machista (II)
Turismo interior, gozo profundo
Non estou en Ibiza nen na Costa Azul, senón nunha terraza paradisiaca onde se pode tomar un refresco por menos de 2 euros, a carón de Ribeira, esa grande vila que os gobernantes rancios de sempre tentan pasar por “Riveira”, se cadra para que se afaste da lingua que falan o 97% dos seus habitantes e se asemelle máis do francés, nunha tentativa de disimular un españoleirismo demodé.
Aínda ben que talentos da talla de Quico Cadaval colocan no seu sitio a bandeira ribeirana, para orgullo de propios e admiración de todos.
Eu hoxe só pretendo animar o persoal a visitar este lugar marabilloso, onde a xente fala cun seseo que me acariña as orellas e tan ben me sinto tratado desde hai varias ducias de anos.
A foto, como sospeitades, foi tirada esta mesma tarde xusto antes de porme a escribir estas liñas.