Premios Xerais 2018
Mais unha vez tivemos a honra de colaborar coa comunicación dixital dos Premios de Edicións Xerais, este ano celebrados no Museo do Mar de Galicia
Mais unha vez tivemos a honra de colaborar coa comunicación dixital dos Premios de Edicións Xerais, este ano celebrados no Museo do Mar de Galicia
Mais un ano temos que agradecer a confianza de Edicións Xerais no noso traballo de emisión e crónica visual do ditame, entrega dos Prémios Xerais e posterior romaría fraterna. Este foi o resumo de outro día memorábel para a literatura galega e, por extensión, para a nosa cultura no seu conxunto. Para visualizar o vídeo da entrega de premios e as outras 15 entrevistas que realizamos a pé de illa pódese visitar Xerais TV.
Mais un ano viaxamos á Illa de San Simón coa ilusión de botar unha man na maior gala literaria do ano. Contaremos coa habitual pericia nas redes sociais de Ghanito e, pola primeira vez, coa profesionalidade de Aser Orbán comandando a cámara a edición de vídeo e de Tiago Alves Costa como cronista para a lusofonia (cfr. em breve na Palavra Comum).
Galería de imaxes dos Premios Xerais 2016 realizada por Alfredo Ferreiro: “…aquí poderedes ver outras persoas que normalmente non saen nos vídeos nin nas fotos oficiais porque o seu cometido é colaborar en labores con pouca ou ningunha dimensión pública. Entre elas poderedes ver: operarias de cámara, twitteiros, directoras do evento, polbeiras e polbeiros, capitáns de embarcación, gardas, secretarias de xurados, operarios das instalacións…”
Vídeo de Algueirada S. Coop. Galega sobre o ditame e entrega dos Premios Xerais 2015 celebrados na Illa de San Simón (Redondela).
Mais um ano tivemos a honra de acudir a registar um dos maiores eventos do nosso sistema literário. Aqui deixamos os vídeos mais representativos, entre quase uma vintena deles sobre a entrega dos prémios e as entrevistas realizadas a premiadas e convidados.