Premios Xerais 2012: as entrevistas

Máis un ano tivemos a honra de colaborar na emisión e gravación dos Premios Xerais, onde non faltaron nin a celebración fraterna da nosa literatura nin a reivindicación dun apoio institucional digno para a cultura do país, que con explícitas palabras para os políticos presentes se está a facer recorrente e que sempre resulta amplificado por entusiasmados aplausos. Así mesmo, como noutras convocatorias improvisamos una serie de breves entrevistas a premiados, xurados, organizadores e asistentes, as cales ofrecemos aquí aglutinadas.

 

Share

Premios Xerais 2011: este sábado ao vivo desde Blogaliza.tv

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/_ZUVrAWn-KA" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Este fin de semana estaremos de novo na grande festa literaria da Illa de San Simón: os Premios Xerais. Descubriremos os gañadores do ano con nas tres modalidades de lectores principais: infantís, xuvenís e adultos. Unha reunión que implica a alegría dos galardóns e uns trescentos convidados entre os máis comprometidos co sistema literario galego que acoden por mar para desfrutar dos mellores frutos literarios da Terra. Un ambiente engoilante como poucos para os amantes da literatura que todos poderedes seguir ao vivo através do blogue de Xerais e de blogaliza.tv e en diferido nos días seguintes mediante os vídeos específicos que iremos ofrecendo desde a rede.

Share

Premios Xerais 2010

Máis un ano asistimos a unha das grandes veladas literarias da Galiza. Este ano aportamos en San Simón a equipa de Algueirada sen Tati Mancebo, que houbo de ficar en Arteixo e se encarregou da monitorización da transmisión de BlogalizaTV, do chat de Facebook e do Twitter; ao leme da transmisión, como non, estivo Pedro Silva e na gravación e edición de vídeo un servidor. Mais este ano contamos cunha equipa de colaboradores de excepción: Paula Gómez del Valle (fotografía), Miriño (cámara de streaming) e Ghanito (Facebook, Twitter). O resultado foron 2,5 horas de transmisión acompañadas de chat e chíos e 19 vídeos, dos que 14 foron entrevistas improvisadas, 4 foron resumos de discursos e 1 foi unha reportaxe. Resultaron suficientes as opinións referenciadas, mais aínda así ficamos insatisfeitos pola grande cantidade de nomes que gustaríamos de ter posto perante a cámara: Mercedes Queixas, Martin Pawley, Antía Otero, Armando Requeixo, Xosé Manuel Eyré, Ramón Nicolás, Marilar Aleixandre, María Xosé Queizán, Rexina Vega, Pilar Ponte, Xurxo Sierra Veloso, Laura Caveiro, Xosé Manuel Beiras, Carlos Callón e tantas outras persoas de quen agradeceriamos saber que desexan dicir sobre os Premios Xerais e a situación actual da nosa literatura. Un saúdo a todas e parabéns para Teresa e Iolanda, as protagonistas, así como para o equipo de Xerais que con tanta profesionalidade ano após ano aposta pola nosa literatura.

Share

Premios Xerais 2010: Teresa González Costa ou a sabia inocencia

Impresionoume de Teresa a súa visión dunha sabedoría que nace da visión sen lastros da infancia; a vinganza, o arrebato e a acción intempestiva, así como a reflexión sobre o que é xusto, talvez menos sincera coa albarda da maturidade.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/UQVkzqIsY3U" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

A bicicleta como protagonista dun bestiario infantil, e con mestura de literatura do absurdo? Algo así pode ser realmente suculento.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/NEC1ACfXs1I" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Share

Blogaliza.tv transmitirá o Premios Xerais desde San Simón

«O sábado, 12 de xuño, a partir das 19:00 horas, Blogaliza.tv transmitirá en directo a cerimonia de entrega dos Premios Xerais 2010 que dende hai seis anos se celebran na illa de San Simón. […] Blogaliza.tv repite a experiencia desta retransmisión, facilitada nesta edición pola mellora das condicións técnicas das instalacións do Auditorio da illa de San Simón. Para a retransmisión, como informa Pedro Silva, responsable de Blogaliza, «utilizaránse estándares abertos e software libre, a cadea de distribución de audiovisual baseada en Theora, dende a cámara ata o navegador. As melloras dos sistemas de reprodución de video en tempo real fan máis facil o emprego da etiqueta <video> como receptor universal de imaxes en streaming. E a calidade tamén vai mellorando.»

Share