Etiqueta: Ramón Piñeiro
Xerais ofrece un libro en formato exclusivamente dixital
Coincidindo co Día das Letras, Xerais publica en soporte exclusivamente dixital unha conversa de Suso de Toro con Ramón Piñeiro. O tema interesa, sobre todo, para que algúns nos permitamos falar con certo coñecemento do que aconteceu nos ambientes galeguistas e/ou nacionalistas da dictadura franquista e o seu epígono, a chamada Transición Democrática. É evidente… Read More Xerais ofrece un libro en formato exclusivamente dixital
Tati Mancebo pasou pola mesa de braseiro
Tal día como hoxe, véspera do Día das Letras de 2009, quero ofrecer o meu testemuño: Foi acompañando a Tati Mancebo que eu visitei en varias ocasións o Ramón Piñeiro e a súa irmá Sara. Mesmo fui convidado nunha ocasión a comer carne con puré de castañas. Mais nunca pasei pola famosa mesa de braseiro.