Presentación
Alfredo J. Ferreiro Salgueiro (A Coruña, 1969) leva máis de trinta anos vencellado á creación literaria. Bilingüe de nacemento, comezou a escribir arrolado polo barroco español e a poesía galega moderna. Estudou Filoloxía Hispánica e cursou o Terceiro Ciclo de Teoría da Literatura na Universidade da Coruña. Desde os anos 90 é un apaixonado da creación literaria e dos significados ocultos. En 2006 creou o seu blog persoal (O levantador de minas) e en 2014 a revista dixital de artes e letras Palavra Comum (codirigida co escritor Tiago Alves Costa). É un animal poético galaico, transfronteirizo, montesiño e marismático (cf. Obra literaria e crítica).

Obxectivo
SINADELFO ~ Laboratorio literario nace da vontade de partillar a súa investigación permanente sobre a escrita. O autor abre virtualmente o seu espazo de traballo ás persoas interesadas en praticar e ao mesmo tempo descubrir o fundamento cultural da literatura, é dicir, o seu potencial didáctico e terapéutico.
O inicio
Todo comeza no máis íntimo de nós mesmos, polo que o primeiro debe ser atopar a nosa motivación para escribir. A partir dunha pesquisa íntima, o traballo creativo desenvolverase até atopar o tema, o xénero e o estilo.

Secuencialización
Proporanse un traballo escrito semanal (catro por mes), que será corrixido en comunicación individual (email ou equivalente). Eventualmente, poderá haber comunicación grupal, en directo ou en diferido.
Algúns tópicos
- Alfa e omega. Sobre o mundo
- Bestiario. Sobre os instintos
- Consello dos Elfos. Sobre a tradición
- Expiración narrativa. Sobre o discurso
- Inspiración poética. Sobre a musa
- Pases máxicos. Sobre a enerxía
- Sexo e literatura. Sobre o amor
- Templo de Delfos. Sobre o eu
- Teoría das paixóns. Sobre os universais
- Teoría dos obxectos mutantes. Sobre o estilo
Prezo
Nivel de iniciad@: 30€ / mes
Proxecto en curso: a partir de 40€ /mes. Neste caso, debido ás características do proxecto a secuencialización pode adaptarse.
Contacto
*
En castellano:
Presentación
Alfredo J. Ferreiro Salgueiro (A Coruña, 1969) lleva más de treinta años vinculado a la creación literaria. Bilingüe de nacimiento, empezó a escribir poesía arrullado por el barroco español y la poesía moderna gallega. Estudió Filología Hispánica y cursó el Tercer Ciclo de Teoría da Literatura en la Universidade da Coruña. Desde los años 90 es un apasionado de la creación literaria y de los significados ocultos. En 2006 creó su blog personal (alfredoferreiro.com) y en 2014 una revista digital de artes y letras (palavracomum.com). Es un animal poético galaico, transfronterizo, marismático y montesino (cf. Obra literaria y crítica).

Objetivo
SINADELFO ~ Laboratorio literario nace con la voluntad de compartir su investigación permanente sobre la escritura. El autor abre virtualmente su espacio de trabajo a las personas interesadas en practicar y al mismo tiempo descubrir el fundamento cultural de la literatura, es decir, su potencial didáctico y terapéutico.
O inicio
Todo empieza en lo más íntimo de nosotr@s mism@s, por lo que lo primero debe ser encontrar nuestra motivación para escribir. A partir de una búsqueda íntima, el trabajo creativo se desarrolla hasta encontrar el tema, el género y el estilo.
Secuencialización
Se propondrá un trabajo escrito semanal (cuatro por mes), que será corregido en comunicación individual (email o equivalente). Eventualmente, podrá haber comunicación grupal, en directo o en diferido.

Algunos tópicos
- Alfa y omega. Sobre el mundo
- Bestiario. Sobre los instintos
- Consejo de los Elfos. Sobre la tradición
- Expiración narrativa. Sobre el discurso
- Inspiración poética. Sobre la musa
- Pases mágicos. Sobre la energía
- Sexo y literatura. Sobre el amor
- Templo de Delfos. Sobre el yo
- Teoría de las pasiones. Sobre los universales
- Teoría de los objetos mutantes. Sobre el estilo
Precio
Nivel de iniciad@: 30€ / mes
Proyecto en curso: a partir de 40€ /mes. En este caso, debido a las características del proyecto la secuencialización puede adaptarse.
Contacto
contacto@alfredoferreiro.com